InicioPolíticaA repetición das eleccións de Burela será o 17-N

A repetición das eleccións de Burela será o 17-N

O Consello de Ministros aprobou este venres a convocatoria electoral para os 38 municipios españois pendentes de repetir as votacións

Publicada o

- Advertisement -

Os 38 concellos do Estado nos que haberá repetición das pasadas eleccións municipais, entre eles Burela -o único caso no que se efectuará de novo a votación nunha soa mesa, a do Perdouro- celebrarán os comicios o vindeiro 17 de novembro, unha semana despois das cuartas xerais en catro anos, tras non presentar Felipe VI candidato á investidura.

A convocatoria das municipais onde será preciso repetir os comicios aprobouse este venres no Consello de Ministros. En principio, segundo puido saber o Xornal da Mariña, barallábase unha data común coas xerais que permitiría aforrar diñeiro ás arcas do Estado ao necesitar dispoñer de menos medios, pero finalmente a repetición das eleccións locais será o 17.

O Real Decreto aprobado sinala que a celebración destos procesos electorais comportará “uns gastos mínimos, xa que afecta só a 140 mesas electorais” e poderase “reutilizar parte do material”.

O seguinte paso será a publicación do Real Decreto que pon en marcha a nova cita electoral no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Só tres municipios –Granja de Langostera (Valencia), Cordobilla de Lácara (Badaxoz) e Burela- están chamados a repetir eleccións impugnadas, como é o caso do concello da Mariña Lucense, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dese a razón a Burela Sempre na súa reclamación relativa a seis votos nulos da mesa 1.5.U do Perdouro que a Xunta Electoral Zonal (XEZ) non puido contabilizar por estravío. Noutros 35 termos municipais non se presentou candidato (31 en Navarra, tres en Burgos e un en Gipúskoa).

CASO ÚNICO EN ESPAÑA

Con todo, Burela é un caso único, pois no municipio valenciano e no estremeño están chamados a votar todos os electores ao ser termos municipais de mesa única, mentres que no concello burelao estarán convocados ás urnas 630 de 7.173 electores.

Sos votantes das rúas Arcadio PardiñasBurela do CaboCamiño RealCampónCanabalTorrentesEijo GarayFloresPascual Veiga e Zeppelin.

Seis meses despois da anterior votación, a repetición electoral supón unha sorte de segunda volta criticada por partidos como o Bloque Nacionalista Galego (BNG), que nos comicios locais empatou con Burela Sempre a 271 sufraxios e levou o décimo terceiro edil da corporación ao ser, das dúas, a formación máis votada, como di a lei electoral.

A RENUNCIA DE CxG, SEN PRECEDENTES, A AVALIAR

A repetición da votación nunha soa mesa tamén suscitou as críticas de Compromiso por Galicia (CxG), partido que presentou ante a XEZ a renuncia individual dos seus candidatos, ao considerar “inxusto” o procedemento. A propia Xunta Electoral Zonal deberá decidir se acepta ou non esta postura, xa que a normativa non contempla a retirada dos partidos -téntase que a votación sexa o máis similar posible á da convocatoria anulada, no censo, nas formacións que concorren, mesmo nos membros das mesas- pero non se coñecen precedentes da demisión de cada un dos integrantes da lista.

NON HABERÁ CAMPAÑA

O Real Decreto establece que non haberá campaña nos municipios onde se impugnaron as votacións, entre eles Burela. Si a haberá –de quince días, do 1 ao 15 de novembro– nos restantes concellos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...