“PARÁLISE E ABANDONO”
BURELA, “POR DETRÁS DOUTROS MUNICIPIOS DA MARIÑA”
O voceiro dos nacionalistas burelaos remarca que as pasadas eleccións municipais racharon a maioría absoluta dos socialistas a causa de que a situación do municipio é “de estancamento“. Así, entende que “a nosa vila non pode seguir detrás do resto dos municipios da Mariña Lucense cuxos gobernos locais funcionan”, polo que chama á veciñanza, “que vive atónita a sucesión de despropósitos”, a “converter o problema nunha solución, como sempre se fixo; ao igual que na guerra do bonito ou que cando xogamos a promoción de ascenso a Segunda B de fútbol ou como o facemos nas máximas categorías do fútbol sala, contra equipos de capitais de provincia”.
“RESPECTAR A DEMOCRACIA”
Pillado agarda que a repetición electoral, na que non haberá campaña segundo estableceu o Real Decreto aprobado no Consello de Ministros, “se produza con todas as garantías democráticas e con respecto ás regras do xogo por todas as partes”. Así, desexa que a veciñanza chamada a votar –630 electores– “aproveite as oportunidades” para “dar outro pasiño cara o cambio e Burela poida mellorar e desenvolverse, superando este pesadelo dunha vez por todas”. Podes ver o artigo completo na seguinte ligazón. 18853