InicioPolíticaOlalla Rodil será a número 1 do BNG ao Congreso por Lugo

Olalla Rodil será a número 1 do BNG ao Congreso por Lugo

A deputada autonómica substituirá como líder da candidatura dos nacionalistas lucenses para as eleccións xerais á actual vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou este sábado que o partido renovará a dous das súas cabezas de lista, concretamente nas provincias de Lugo e Pontevedra, de cara á repetición das eleccións xerais que terá lugar o próximo 10 de novembro. A deputada autonómica Olalla Rodil será a número 1 ao Congreso pola circunscrición lucense, mentres que Francisco García, ex alcalde de Allariz, encabezará a candidatura ourensá.

Deste xeito, tanto Maite Ferreiro como Iago Tabarés non seguirán á fronte destas candidaturas, unha decisión para a que aduciron “razóns diferentes” pero de índole persoal, segundo informou esta mañá Pontón na súa intervención ante o Consello Nacional do partido, na que tamén lles agradeceu o traballo realizado.

García, en palabras da líder nacionalista, é unha persoa que “simboliza como moi poucos o proxecto transformador” que representa o partido e o éxito do mesmo.

O OBXECTIVO, VOLVER TER REPRESENTACIÓN

Mentres tanto, será unha das súas colaboradoras máis próximas a que encabece a lista por Lugo. Pontón definiu a Rodil como unha das parlamentarias “máis brillantes” desta lexislatura, ademais de incidir en que a súa elección responde a unha “aposta por visualizar con claridade esa mocidade que non se conforma co que ten” e “está disposta a dar o mellor de si para cambialo todo”.

Néstor Rego e Carme da Silva repetirán á fronte das candidaturas do partido polas provincias da Coruña e Pontevedra, respectivamente.

Todos eles son -en palabras de Ana Pontón- “persoas capaces e liquides” para representar a un BNG “que ten que empezar a mobilizarse desde xa” para lograr nos próximos comicios o seu obxectivo: volver ter representación nas Cortes do Estado.

Galicia xógase moito nas próximas eleccións xerais”, sostivo a voceira nacionalista, que observou que, nun contexto con “grandes cambios”, está en liza a oportunidade de “ser determinantes e conseguir que este país salga da irrelevancia política” á que o conducen -denunciou- “as forzas estatais“.

PONTÓN REXEITA UNHA CANDIDATURA UNITARIA

“Está claro que as solucións para Galicia non van vir da man do bipartidismo nin da man dese baile de cifras -en alusión as distintas confluencias de esquerdas-“, engadiu a dirixente do BNG, que advertiu que “xa está ben de ninguneo” e “de tomaduras de pelo” a este territorio.

No marco deste discurso soberanista, a responsable da organización frentista quixo deixar patente o seu rexeitamento á proposta de coalición formulada por Luís Villares desde En Marea –tamén por Juan Carlos Piñeiro Docampo, de Compromiso por Galicia (CxG)– a quen lle dixo, a tenor dos seus achegamento ás candidaturas que prevé lanzar Íñigo Errejón en toda España, que “cando un negocia con Más Madrid non pode pretender defender unha candidatura galega sen ataduras. Eu, desde logo, non creo no poliamor“, resolveu Pontón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...