InicioPolíticaBarreiros permitirá á veciñanza defender propostas no pleno e formular rogos e...

Barreiros permitirá á veciñanza defender propostas no pleno e formular rogos e preguntas

O goberno barreirense levará á vindeira sesión plenaria o regulamento orgánico municipal, que podería entrar en vigor en novembro

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Barreiros someterá a debate e aprobación inicial no pleno do vindeiro luns, ás 20.30 horas, o regulamento orgánico municipal, orientado a que a veciñanza poida participar de forma máis activa na vida política. Entre outras medidas, normativa permitirá aos veciños tomar parte nas sesións plenarias, tanto nos puntos da orde do día nos que poidan ter interese, como formulando cuestións de interese xeral en forma de rogos ou preguntas.

O texto establece que cando unha entidade ou un veciño formule unha proposta de actuación municipal de interese xeral ou unha iniciativa popular, a persoa autora ou representante poderá intervir na sesión do pleno que corresponda, aos efectos de explicala e defendela antes de que a corporación entre no debate do mencionado asunto.

Tamén contempla unha quenda de rogos e preguntas por parte do público asistente á sesión, que versarán sobre temas concretos de interese municipal, non podendo ser obxecto de tratamento plenario cuestións particulares. Ao igual que a posibilidade de dirixir preguntas por escrito á presidencia para ser lidas e respostadas unha vez finalizada a quenda de rogos e preguntas incluída na orde do día, sempre que se fixeran chegar con indicación de interese para tratamento pola corporación con unha antelación mínima de 24 horas previas á celebración do mesmo.

CREACIÓN DE CONSELLOS PARROQUIAIS E SECTORIAIS

O regulamento tamén prevé a creación de consellos parroquiais e sectoriais ou outras formas de participación directa para canalizar a participación das asociacións na vida municipal e coordinar a súa actividade; así como un rexistro municipal de asociacións para a inscrición das entidades do mesmo.

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS

Unha vez aprobada previsiblemente o luns, a normativa terá que publicarse para a presentación de alegacións se alguén o desexa, e posteriormente aprobarse de xeito definitivo. A intención do goberno municipal é que poida poñerse en funcionamento no vindeiro pleno de novembro e dese xeito garantir legalmente a participación veciñal nas sesións plenarias.

“PRIMEIRO PASO” PARA UN CONCELLO “MÁIS DEMOCRÁTICO”

A alcaldesa, a nacionalista Ana Ermida, explica que “do que se trata é de fomentar a participación na vida municipal para facer que os plenos sexan de interese para a xente e se convertan en reunións útiles para trasladar os problemas xerais de primeira man“.

A rexedora sostén que “o regulamento é o primeiro paso dun Concello máis participativo e democrático, que fomente a implicación veciñal na vida municipal e colaboración entre a institución municipal e outras entidades para unha mellor xestión e aproveitamento dos recursos públicos dun xeito obxectivo, eficiente e transparente.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...