De Olano será o número 1 do PP ao Congreso por Lugo, coa focega Mercedes González no posto 3

Os conservadores apostan por candidaturas "continuistas" de cara ás eleccións xerais do 10-N

Jaime de Olano. AXM

EFE. O Partido Popular (PP) apostará en Lugo por candidaturas “continuistas” tanto ao Congreso dos Deputados como ao Senado de cara ás eleccións xerais do próximo 10 de novembro, ao entender que “estamos ante uns comicios excepcionais”. Nese sentido, á fronte da lista do PP ao Congreso repite Jaime de Olano.

O avogado de Viveiro estará seguido por quen fose alcalde de Lugo, Joaquín García Díez, ambos elixidos nos anteriores comicios como deputados por esta provincia; e por Mercedes González Alonso e María do Mar Carballas.

BARREIRO ENCABEZA A LISTA AO SENADO

En canto á lista ao Senado, volve estar encabezada por José Manuel Barreiro, membro da Diputación Permanente da Cámara Alta; coa presidenta de Novas Xeracións na provincia de Lugo, Rosa Arza, no segundo posto; e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, no terceiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here