InicioPolíticaA Xunta achega 221.000 euros para os CIMs e a conciliación na...

A Xunta achega 221.000 euros para os CIMs e a conciliación na Mariña

Os espazos actúan como axentes de igualdade e asesoran ás mulleres sobre os seus dereitos

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia investirá neste 2018 221.200 euros para o sostemento dos once Centros de Información á Muller (CIM) da Mariña Lucense e para o desenvolvemento da conciliación na bisbarra.

Estes centros desenvolven labores de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, e exercen como axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

A rede de centros de información facilita a implantación de políticas de igualdade e proporciona un espazo de proximidade que orienta, informa e asesora ás mulleres en materia de igualdade e dereitos e promove a súa participación en todos os ámbitos.

POR CENTRO

A Xunta destina preto de 82.500 euros ao concello de Burela para o CIM, que conta con tres traballadoras que tamén dan cobertura á poboación dos municipios de Alfoz e O Valadouro. Ribadeo percibe 30.200 euros para o centro, no que operan dúas persoas e que ten asociados a Barreiros, A Pontenova e Trabada.

O CIM de Mondoñedo, que recibe unha axuda de 25.000 euros e conta con tres operarias, presta servizo a Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto. Por último, o CIM de Viveiro conta con dúas traballadoras e percibe 31.500 euros de subvención.

MEDIDAS DE CONCILIACIÓN

Polo que respecta ás axudas para poñer en marcha medidas de conciliación, Alfoz recibiu 11.000 euros, e Xove, O Valadouro e Mondoñedo percibiron 12.000 euros en cada caso, para proxectos como a apertura dos colexios fóra do horario lectivo ou a organización de campamentos para nenos e nenas, que axudan a compatibilizar os horarios en época de vacacións escolares. Finalmente, a Xunta concedeu 4.800 euros ao concello de Ourol para o funcionamento dunha ludoteca de verán.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...