InicioPolíticaO PP di que "nunca un Goberno fixo tanto dano á Mariña"...

O PP di que “nunca un Goberno fixo tanto dano á Mariña” como o de Pedro Sánchez

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, participou nun mítin dos conservadores en Burela

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Educación, Carmen Pomar; a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia; o candidato do PP á alcaldía de Burela, Manuel Rouco; e a integrante da candidatura ao Congreso e tamén ás eleccións municipais, Yovana Oroza, participaron este xoves nun mítin dos conservadores na vila burelá no que aseguraron que “nunca un Goberno fixo tanto dano á Mariña Lucense como o de Pedro Sánchez”.

Nun acto ao que non puido acudir a última hora o número 1 por Lugo ao Congreso, Jaime de Olano, os populares gardaron un minuto de silencio en recordo do mozo falecido en Burela e da muller asasinada en Foz.

ALCOA

Alcoa, que segundo os conservadores xera “arredor de 8.000 postos de traballo na comarca”, ou Ence estiveron presentes nos discursos dos populares, que incidiron en que Pablo Casado “se comprometeu coa industria galega a aprobar o estatuto para o consumidor eletrointensivo se o Partido Popular gaña as eleccións xerais do vindeiro domingo 10 de novembro”.

A-74

Lembraron os conservadores que o comité de empresa “segue esperando” a que a ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, “o convoque para a mesa industrial comprometida en San Cibrao”, o que consideran “unha mostra do abandono da nosa provincia”. Tamén fixeron fincapé os populares na proposta de Presupostos Xerais do Estado (PXE), nas que o Executivo, argumentaron, “pretendía reducir nun 98% as partidas destinadas ás obras da autovía da Mariña, a A-74.

PARO

Os populares tamén criticaron “as altas cifras” do paro no pasado mes de outubro na Mariña Lucense -“con máis de 3.400 persoas en situación de desemprego, un 23% máis que fai dous meses”-.

Nese sentido, Candia, sinalou ao Partido Popular como “o único capaz de xerar emprego como ten demostrado xa noutras ocasións e en contextos de dificultades”. Máis concretamente, remarcou que o programa electoral do Partido Popular recolle medidas coma a ampliación da tarifa plana para autónomos ou a rebaixa de impostos.

EDUCACIÓN

Pola súa banda, Pomar destacou durante a súa intervención “o compromiso” do Goberno da Xunta de Galicia coas políticas sociais, que queda de manifesto no feito de que “no medio dunha España paralizada sen novos orzamentos á vista, Galicia contará para 2020 cuns orzamentos nos que 7 de cada 10 euros van destinados a políticas sociais de educación, sanidade e coberturas sociais”.

CONTRA A “DIVISIÓN” DO CENTRO-DEREITA

O candidato do PP á alcaldía, Rouco, fixo unha similitude entre o goberno local e o Goberno de España ao asegurar que “Llano e o seu equipo tamén se botan nas mans dos nacionalistas, que lles serven de muleta aos socialistas e póstranse antes eles, para formar goberno”.

O candidato e actual voceiro da formación popular no municipio sinalou que “a división do voto de centro dereita é prexudicial para a conformación de gobernos sólidos e estables tal e como se demostrou tanto nas pasadas eleccións xerais coma nas municipais do 26 de maio que non beneficiou ao Partido Popular aquí en Burela e que, ademais, non serviu para nada para ningún dos outros partidos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...