Desestimada a denuncia do PP contra o presidente da Deputación por unha visita á Mariña

Tamén foran denunciados polo PP por "actividades prohibidas en campaña" Fernando Suárez Barcia e Ana Ermida, alcalde de Ribadeo e rexedora de Barreiros

José Tomé / AXM.

A Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo desestimou a denuncia do Partido Popular contra o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, por unha visita que fixo 17 de outubro a Ribadeo, Barreiros, Viveiro e Mondoñedo, que os ‘populares’ consideran que incumpriu o artigo 50 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg), que regula os actos dos poderes públicos en período electoral.

A Xunta Electoral sinala que “non se aprecia a existencia inequívoca de indicios de irregularidade que teñan encaixe na infracción prevista na o artigo 50 da Loreg”.

Tamén foran denunciados polo PP por “actividades prohibidas en campañaFernando Suárez Barcia e Ana Ermida, alcalde de Ribadeo e rexedora de Barreiros, igualmente absoltos de cometeren irregularidades.

“FALTA DE PROXECTO” DOS POPULARES PARA A BISBARRA

Tomé considera que se “bota por terra o intento á desesperada dos populares de tapar con denuncias xudiciais os seus malos resultados electorais” e a súa “falta de proxecto para a comarca da Mariña Lucense e para o conxunto da provincia de Lugo”.

“Coa resolución da Xunta Electoral queda demostrado tamén que en ningún momento o goberno provincial utilizou politicamente á Deputación, senón que se tratou dunha visita institucional dentro da actividade ordinaria do organismo, programada ademais con anterioridade á convocatoria das eleccións xerais”, finaliza o goberno provincial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here