InicioPolíticaLourenzá acondiciona as beirrarúas do casco urbán

Lourenzá acondiciona as beirrarúas do casco urbán

A Deputación financia as obras, cun investimento de 40.000 euros, grazas a un convenio co Concello

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá acomete nestes días os traballos de mellora de varias beirarrúas do casco urbán laurentino. O orzamento das obras será de 40.000 euros, que financia a Deputación de Lugo

En concreto, as actuacións consistirán “no picado e na demolición completa das baldosas e da soleira de formigón existentes, que se atopaban en malas condicións e reflectían un perigo para os peóns“, afirma a alcaldesa, a socialista Rocío López, que sinala que “con isto pretendemos dar un toque máis urbán a estas rúas, pero sobre todo mellorar a seguridade”.  

SUBSTITUCIÓN DA CANALIZACIÓN DE AUGA E LUZ

A rexedora laurentina precisou que “o Concello aproveitou tamén para substituír a antiga canalización de auga e de luz que discorría por estas beirarrúas por outras instalacións novas. Concretamente, na rúa Muíño do Frade tamén se levará a cabo a instalación de novas luminarias de led”, indicou. 

VÍAS “MOI CONCORRIDAS”

López, que visitou as obras acompañada dos concelleiros Ana Belén Martínez e Miguel Castrillón, resaltou que “esta actuación era necesaria para Lourenzá, xa que se centra nas rúas máis concorridas do casco urbano, que levan ao centro de saúde, aos comercios, ás oficinas municipais ou mesmo á piscina“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...