InicioPolíticaO Concello de Barreiros estreará o luns o regulamento para que a...

O Concello de Barreiros estreará o luns o regulamento para que a veciñanza participe nos plenos

Veciños e entidades terán a opción de defender iniciativas ou facer preguntas que poden rexistrar 24 horas antes no consistorio ou na sede electrónica municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros estreará o vindeiro luns o regulamento orgánico que permitirá á veciñanza tomar parte nos plenos.

O texto establece que cando unha entidade ou un veciño formule unha proposta de actuación municipal de interese xeral ou unha iniciativa popular, a persoa autora ou representante poderá intervir na sesión do pleno que corresponda, aos efectos de explicala e defendela antes de que a corporación entre no debate do mencionado asunto.

Tamén contempla unha quenda de rogos e preguntas por parte do público asistente á sesión, que versarán sobre temas concretos de interese municipal, non podendo ser obxecto de tratamento plenario cuestións particulares. 

QUENDA DE PALABRA

Unha vez finalizados os rogos e preguntas da corporación, abrirase unha quenda de palabra para que o público formule as preguntas. De rexistralas no Concello ou a través da sede electrónica ata 24 horas antes da celebración da sesión plenaria, a corporación “poderá dar unha explicación moito máis pormenorizada do asunto a tratar”, sinala o goberno local, que non obstante remarca que aqueles veciños que o desexen poderán intervir alí mesmo.

Por agora, segundo expón o Concello, para esta primeira sesión plenaria non se rexistrou ningunha iniciativa veciñal para a súa discusión no pleno, habendo tempo para formular preguntas de cara ao pleno, que se celebrará ás 20.30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...