O novo pavillón de Burela custará “entre catro e cinco millóns”

O rexedor burelés, Alfredo Llano, presentou unha memoria valorada do recinto á Xunta de Galicia

Partido do Pescados Rubén no pavillón de Vista Alegre. AXM

O novo pavillón polideportivo de Burela custará entre catro e cinco millóns de euros, segundo a memoria valorada encargada polo Concello de Burela. O alcalde burelés, o socialista Alfredo Llano, entregou o documento á secretaria xeral para o deporte, Marta Míguez, nunha xuntanza en Santiago de Compostela.

Segundo o goberno local burelés, o dossier contempla que o pavillón ocupará unha superficie construída duns 6.500 metros cadrados. O terreo no que se levantará deberá ter 10.000 metros cadrados, para poder dispór unha zona de aparcadoiro e, segundo afirma o rexedor, “unha piscina”.

DEMANDA SOCIAL

Llano asegura que o novo recinto atenderá todas as esixencias da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS). O rexedor sostén que, a nivel deportivo, o novo polideportivo non só satisfaría a demanda dos clubs profesionais, senón que permitiría “que moita xente poidera practicar deporte sen agobios, como pasa agora, que nos resulta difícil responder a todos os horarios que son necesarios no noso concello”.

A intención é que o novo recinto acolla tamén “actuacións musicais, eventos artísticos, feiras ou exposicións”, segundo expón o primeiro edil.

FINANCIAMENTO

Logo da entrevista coa representante da Xunta de Galicia, o alcalde asegurou que presentará este proxecto á Deputación de Lugo e ao Goberno central para acadar a financiamento necesario.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here