InicioPolíticaO BNG repetirá os cabezas de lista das autonómicas de 2016, con...

O BNG repetirá os cabezas de lista das autonómicas de 2016, con Olalla Rodil de número 1 na provincia

A proposta, que deberá aprobar o Consello Nacional, inclúe aos seis parlamentarios da formación frontista na lexislatura saínte

Publicada o

- Advertisement -

A dirección do Bloque Nacionalista Galego (BNG) repetirá neste 2020 os mesmos cabezas de lista das eleccións autonómicas de 2016. É o xeito que ten a formación nacionalista, afirma, de “premiar” o traballo parlamentario realizado na lexislatura que acaba de finalizar. Por iso, situará a Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará como números 1 das candidaturas por Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente.

A candidata á Xunta de Galicia, Ana Pontón, liderará a lista da formación frontista pola provincia da Coruña. O Consello Nacional aprobará a proposta, na que se inclúen os seis parlamentarios autonómicos da lexislatura saínte, incluídos Montse Prado e Xosé Luis Rivas ‘Mini’, o vindeiro día 29.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...