Néstor Rego explicará en Foz o acordo de investidura entre BNG e PSOE

O representante dos nacionalistas no Congreso dos Deputados falará este venres no Cenima do pacto que permitiu a investidura de Pedro Sánchez

Néstor Rego, no Congreso. AXM

O representante do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, explicará este venres en Foz, nun acto aberto ao público, o acordo de investidura adoptado co PSOE para a investidura como presidente do Goberno central de Pedro Sánchez.

Rego exporá os pormenores do acordo no Cenima, a partir das 20.00 horas, nun acto no que tamén participará o tenente alcalde de Foz, o nacionalista Javier Fanego.

A modernización da liña Ferrol-Ribadeo do Feve, a aprobación dun estatuto das electrointensivas que inclúa cuestións como elevar ao máximo permitido as compensacións por emisións indirectas de CO2 ou a modificación normativa para “rematar coa estafa que padecen de Facenda os emigrantes retornados” son algunhas das cláusulas do pacto referidas á Mariña Lucense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here