InicioPolíticaA Deputación mellora sete quilómetros de vías provinciais en Riotorto e A...

A Deputación mellora sete quilómetros de vías provinciais en Riotorto e A Pastoriza

O goberno provincial investirá uns 265.000 euros para o arranxo de dúas estradas nestes municipios

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, supervisaron os traballos de mellora da vía LU-P-4402, que vai da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo, na que se están a executar obras de renovación do firme nun treito de 5,6 quilómetros.

Ademais, aproveitaron para coñecer de primeira man o estado da estrada LU-P-1106, ao seu paso por Xemil, onde o elevado volume de tráfico, debido aos traballos dunha canteira situada neste núcleo, provocaron un importante deterioro do firme.

Nesta mesma vía, que conecta Castro de Rei, por Reigosa, coa estrada de Bretoña a Lindín, o executivo provincial vai a executar traballos nun treito de 1,7 quilómetros. A Deputación destinará preto de 265.000 euros para os arranxos destas dúas infraestruturas.

Campos avanzou que “tras finalizar a limpeza de cunetas, esta mesma semana comezarán os traballos de rehabilitación do firme, empregando aglomerado en quente e dotando as estradas dun novo pavimento. Unha vez renovada a capa de rodaxe, procederase ao pintado da vía e, polo tanto, á renovación da sinalización horizontal e vertical, mellorando ao mesmo tempo a seguridade vial”.

“FUNDAMENTAIS PARA OS VECIÑOS”

O Presidente engadiu que “son dúas estradas fundamentais para os veciños da comarca. A LU-P-4402 une os concellos da Pastoriza e Riotorto, mentres que a LU-P-1106 conecta parroquias da Pastoriza como son as de Bretoña, Reigosa, Úbeda, Vián e o Lugar de Xemil”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...