A Xunta amplía e mellora a LU-124, que une Lindín coa Cruz da Cancela

A estrada, rehabilitada con 1,8 millóns de euros de investimento, conecta Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova

Visita ás obras. AXM

A Xunta de Galicia rematará no mes de outubro os traballos de ampliación da estrada LU-124 e de extensión do novo aglomerado desta vía, en concreto entre o treito que une LindínA Cruz da Cancela. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá 1,8 millóns de euros neste proxecto. 

Os traballos realizados consistiron no ensanche da estrada, ata acadar os 6,5 metros, e na rehabilitación do firme e instalación de elementos de seguridade. Neste momento resta executar melloras nas cunetas, balizamento e defensas así como a sinalización horizontal e vertical.

Na visita ás obras participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e os alcaldes dos concellos afectados; Darío Campos, da Pontenova, Clemente Iglesias, de Riotorto, e Elena Candia, de Mondoñedo

TERCEIRO PROXECTO

Balseiro destacou que a Xunta completará a mellora integral da estrada LU-124, que conecta os concellos de Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova ademais de dar acceso á autovía A-8 a estes municipios e ao da Pastoriza.

Así explicou que entre as obras xa executadas, estas actuacións en marcha e as previstas no futuro, o investimento que supera os tres millóns de euros.

De feito, as obras entre Lindín e A Cruz da Cancela avanzan en paralelo coa tramitación doutro contrato para o tramo entre Riotorto e Vilameá, xa licitado e que está en fase de adxudicación, e ao que se destinan 604.000 eurosAmbas actuaciónsveñen a sumarse á mellora executada no ano 2015 no treito entre Mondoñedo e Lindín, cun investimento de 770.000 euros, de forma que o firme quedará renovado na práctica totalidade do percorrido”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here