InicioPolíticaA Xunta custea seis obradoiros de emprego na Mariña, que beneficiarán a...

A Xunta custea seis obradoiros de emprego na Mariña, que beneficiarán a 140 persoas

Catorce dos 16 municipios da bisbarra participarán dos talleres, cinco deles de carácter dual

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia custeará a posta en marcha de seis obradoiros de emprego na Mariña Lucense, que beneficiarán a 14 dos 16 concellos da bisbarra. Deste xeito, a Consellería de Economía, Emprego e Industria atende o cen por cen das solicitudes formuladas polas institucións locais.

O Goberno galego investirá máis de 1,3 millóns de euros nestas seis iniciativas. A posta en marcha dos obradoiros de emprego posibilitará a contratación de 140 persoas, das que 116 serán alumnos e 24 persoal de dirección, monitores e persoal administrativo.

Cinco dos seis obradoiros de emprego ofertaranse na modalidade dual. Estes constitúen a principal novidade da presente convocatoria, porque os participantes poderán combinar un convenio de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato adicional de polo menos tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial do obradoiro e cunha actividade vinculada ás materias deste.

a modalidade dual combina unha formación de nove meses e un contrato adicional de alomenos outros tres

ESPECIALIDADES FORMATIVAS

Na Mariña poranse en marcha os seguintes obradoiros duais: Sendas de Burela, Xove e Cervo V, que ofrecerá formación en construción e xardinería; Serra da Cadeira V -que agrupa a Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo e Trabada-, que formará en carpintería e conservación de montes; Eo-Navia II -que engloba A Pontenova, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz-, centrado na albanelería; Terras do Sor II (Muras, Ourol e O Vicedo), con atención sociosanitaria e carpintería como especialidades; e Ribadeo co Camiño, que instruirá ao alumnado na dinamización cultural e no mantemento de xardíns.

Este último municipio contará con dous talleres, xa que nesta convocatoria será, xunto con Lugo, un dos dous concellos da provincia que ofertará un obradoiro de garantía xuvenil. Denominado DOC TIC II, terá unha duración de seis meses e está dirixido a 16 menores de 30 anos, que poderán aprender produción fotográfica

ribadeo contará cun obradoiro de garantía xuvenil dirixido a 16 menores de 30 anos, que ensinará produción fotográfica

A actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria combina a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade. 

RIOTORTO

Ademais, o concello de Riotorto participará nun taller de emprego dual, neste caso asociado cos de Castroverde, Pol, A Pastoriza e Ribeira de Piquín. Trátase do obradoiro O Castro IV, cun investimento próximo de 288.000 euros e que contará con 20 alumnos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...