A Pontenova aproba uns orzamentos para 2018 de 2,5 millóns

O BOP recolle a aprobación logo de que rematase o prazo sen que se presentasen obxeccións

Darío Campos, alcalde da Pontenova. EUROPA PRESS

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe a aprobación dos orzamentos do Concello da Pontenova para o ano 2018, que foron acordados na sesión plenaria do pasado 9 de abril. Rematou o período de alegacións sen que se presentaran obxeccións ao respecto.

O presuposto ascende a 2.545.052,65 euros. Os gastos en bens correntes e de servizos ascenden a 683.777 euros, e en persoal a 145.187. Os investimentos reais terán un custo de 363.618 euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here