Viveiro acollerá este venres o primeiro acto público de Néstor Rego tralo seu confinamento en Madrid

Integrantes mariñaos da candidatura nacionalista falarán no encontro, ás oito da tarde nos Xardíns Noriega Varela

Integrantes mariñaos da candidatura do BNG. AXM

O BNG convoca este venres (20.00 horas, Xardíns Noriega Varela) en Viveiro “o primeiro dun dos numerosos actos nos que as candidatas e candidatos mariñaos Miriam Bermúdez, Daniel Castro, Andrea Martíns, Diego Fernández e Marco López , e tamén Olalla Rodil, Néstor Rego e Ana Pontón percorrerán os concellos da comarca” de cara ás eleccións galegas do 12 de xullo, afirma a formación nacionalista.

O acto, no que intervirán a responsable comarcal do partido frontista e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, Bermúdez, concelleira en Viveiro e candidata número 7 ao Parlamento autonómico, Castro, candidato número 2 e Rego, deputado no Congreso, mariñao, e que desde participa no primeiro acto público en Galicia despois de tres meses de confinamento en Madrid.

O BNG mariñao tamén amosou o seu apoio á manifestación convocada para o luns 22 de xuño, ás 20.00 horas, baixo o lema ‘Futuro para A Mariña‘ e en defensa das infraestruturas, a industrialización, a sanidade e os servizos públicos, convocada polos sindicatos en Burela. Un respaldo que estenden aos traballadores de Alcoa e empresas auxiliares. A formación frontista reclama a PP e PSOE “a nacionalización da factoría”, que é “a solución” ao conflito laboral aberto polo despedimento colectivo presentado pola multinacional.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here