InicioPolíticaConstituídas con normalidade todas as mesas electorais de Burela

Constituídas con normalidade todas as mesas electorais de Burela

Comeza a xornada de votacións en Galicia, con todas as miradas postas neste concello mariñao por ser o epicentro do brote de coronavirus.

Publicada o

- Advertisement -

As dez mesas electorais habilitadas no concello de Burela con motivo das eleccións autonómicas quedaron constituídas antes das 9:00 horas sen incidencias. A esa hora, momento no que abrían os colexios, xa se podían ver algunhas ringleiras de persoas que acudían a votar.

Así o informaron a Europa Press fontes do Concello de Burela, que sinalaron normalidade nos colexios electorais do municipio a pesar da mobilidade restrinxida.

Todas as miradas están postas hoxe na localidade burelá, epicentro do brote de Covid-19 que conta con 138 casos activos segundo os últimos datos difundidos. As persoas afectadas polo coronavirus non deberán saír das súas casas para exercer o seu dereito ao voto, tal como indicou a Xunta.

NORMALIDADE

A normalidade foi a tónica á hora de pór en marcha o mecanismo electoral mesmo no epicentro do rebrote. Protección Civil confirmou a Europa Press que non se rexistraron aglomeracións, así como que o único inconveniente detectado foi que se atenderon moitas consultas sobre o lugar de voto, debido precisamente a que, no lugar dos colexios habituais, habilitáronse pavillóns.

Tras conformarse sen problemas todas as mesas electorais, a atención céntrase sobre o dato de participación durante esta xornada, xa que, en principio, espérase un aumento importante da abstención debido ao rebrote e a pesar das medidas de seguridade implementadas.

Así mesmo, todas as mesas da comarca da Mariña (103) foron conformadas á primeira hora da mañá e desde as 9.00 horas, segundo informou a Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...