InicioPolíticaA participación cae lixeiramente no conxunto da provincia, pero aumenta na Mariña...

A participación cae lixeiramente no conxunto da provincia, pero aumenta na Mariña occidental

En Galicia votou o 42,95% do censo ás 17.00 horas da tarde, datos semellantes aos do 2016

Publicada o

- Advertisement -

participación nas eleccións autonómicas deste domingo estáncase en toda Galicia tras a suba xeneralizada da mañá e sitúase a niveis similares aos dos comicios do 2016. Na provincia de Lugo, incluso cae case un punto por baixo: ás 17:00 horas votou o 41,81% do censo, case un punto menos (-0,91%). Mesma tendencia segue a comarca da Mariña, se ben hai unha excepción: na Mariña occcidental aumentou a participación un 2,50%.

Así o indicou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, quen indicou que no conxunto de Galicia, ás 17.00 horas, votara o 42,95% do censo, tan só medio punto máis ca no 2016. Só as provincias de Pontevedra e A Coruña incrementaron a participación.

No caso de Lugo, a gran maioría das comarcas viu como a porcentaxe de participación caía lixeiramente por baixo dos datos de 2016. Para A Mariña, os datos son os seguintes: na Mariña central, votaron un 41,01% dos electores (-1,25%); na Mariña oriental, o 44,19% (-0,90%); e na parte occidental, o 47,52% (+2,50%).

Curiosamente, tamén aumentou a participación en Burela, epicentro do brote de coronavirus e único concello coa mobilidade restrinxida ao seu termo municipal. Iso si, a suba foi pequena: ás cinco da tarde, acudiu ás urnas o 39,02% do censo, un 0,06% máis ca a esta hora no 2016.

OS DATOS ÁS 12:00

Pola mañá, Santiago Villanueva informaba dun aumento xeneralizado da participación tanto en Galicia (catro puntos máis) como na bisbarra da Mariña. Ao mediodía xa votara un 18,63% do censo na Mariña central (+1 respecto das últimas autonómicas); un 19,52% na parte occidental (+2,7); e un 19,45% na Mariña oriental (+3).

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...