InicioPolíticaA veciñanza da Mariña, protagonista involuntaria do 12-X

A veciñanza da Mariña, protagonista involuntaria do 12-X

Un total de 58.089 veciños da comarca -máis 10.030 residentes no estranxeiro- estaban chamados este domingo para elixir aos seus representantes

Publicada o

EFE. Os veciños da Mariña foron protagonistas involuntarios da actualidade durante os últimos meses: trala ameaza de peche de Alcoa San Cibrao, o alicerce fundamental da súa economía, a comarca sufriu o peor brote de Galicia e, no medio dun confinamento parcial, acudiu este 12 Xás urnas.

UNHAS 250 PERSOAS PRIVADAS DO VOTO, SEGUNDO A XUNTA

Un total de 58.089 veciños da Mariña -máis 10.030 residentes no estranxeiro– estaban chamados este domingo para elixir aos seus representantes no Parlamento de Galicia, aínda que o foco nos últimos días estivo sobre, segundo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “unhas 248 persoas” contaxiadas polo SARS-CoV2, causante do coronavirus, “ás que pedimos por prudencia que non vaian votar”.
Esta cita electoral coouse no medio dun 2020 particularmente complicado para A Mariña, que ve como a vontade de Alcoa de abandonar a súa fábrica de aluminio de San Cibraoe agora unha enfermidade infecto contaxiosa que está de volta ameazan o futuro dos seus sectores industrial e turístico.

PARTICIPACIÓN SIMILAR Á DE 2016

A pesar do convulsa que é a súa situación, a participación na comarca -cuxo censo representa a máis do 20% da provincia- medraba ás 12.00 horas un punto con respecto a 2016 na Mariña Central -a zona máis afectada polo rebrote- e máis de tres puntos na Mariña Oriental e Occidental, rozando así o 20 por cento. Ás 17.00 horas, a participación caera un punto na Mariña Central e A Mariña Oriental, á vez que crecera dous puntos e medio na Mariña Occidental; mentres tanto, Burela, municipio do que os seus veciños non poden saír desde o pasado venres, pois a súa mobilidade unicamente é interna, a participación experimentou un lixeiro crecemento, ata un 39,06 %.

DA CONFUSIÓN INICIAL Á FLUIDEZ

No municipio burelao, o epicentro do brote ao concentrar o maior número de contaxios, púidose observar con todo este domingo a mesma imaxe que na maioría de colexios electorais da comarca, con colas, coas preceptivas distancias de seguridade, poboadas por exemplo por persoas maiores que agardaban á primeira hora a apertura dos centros.
As máscaras, o xel hidroalcólico e a distancia de seguridade convertéronse nun elemento cotián ao que nesta cita electoral sumáronselle carteis e indicacións para orientar aos votantes; iso si, nestes lares, escritas con papel e bolígrafo.
A pesar de una certa confusión inicial á hora de localizar as mesas dentro dos colexios, a xornada foi discorrendo con normalidade, aínda que non sen certa preocupación; non en balde, os aforos volven estar limitados e iso, a algúns, imponlles.

VOTAR COA FUNDA DO TRABALLO

Sexa como for, a fotografía máis característica dunhas eleccións celebradas no verán nun municipio costeiro cunha temperatura máis que agradable foi a de votantes acudindo en bañador, mentres que outros o facían con uniforme, o da empresa de aluminio sobre a que pesa un ERE que suporía o despedimento dun milleiro de empregados, entre a fábrica de aluminio e empresas auxiliares. Foi unha das estampas máis simbólicas, pola súa mensaxe, aínda que a indumentaria non fose a máis adecuada para un sol abrasador.
Os traballadores da siderúrxica acudiron a exercer o seu dereito con fundas de traballo e cascos, así como con chalecos reflectores, aos seus respectivos centros electorais, e moitos deles emitiron o seu voto co puño no alto, coa esperanza de que o resultado dos comicios poida garantir o futuro do emprego na comarca.
Outros dos operarios, con todo, rexeitaron acudir a votar ante a sensación, que compartiron coa prensa, de que ningún partido ofreceu solucións para manter a actividade da planta da multinacional norteamericana, a única fábrica de aluminio en España, que xera máis de mil empregos directos e outro milleiro de postos indirectos e representa o 30% do Produto Interior Bruto (PIB) da provincia de Lugo.

LAZOS AZUIS E PANCARTAS

En Foz, unha das integrantes da mesa do Colexio Público Número Un acudiu a cumprir co seu deber ataviada co casco de Alcoa; en toda a comarca, abundaron, así mesmo, os lazos azuis e pancartas de “Alcoa non se pecha”. Algúns veciños puideron cumprir coa tradición de ir tomar algo tras votar, aínda que moitos locais, con aforo limitado, non estaban abertos. Outros electores optaron por acudir ás praias tras emitir o sufraxio, aínda que iso si, con máscara tanto para tomar o sol como para dar paseos pola beira. Non en balde, son as normas ata que recuperen a normalidade, a vella ou a denominada ‘nova’.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...