InicioPolíticaO PSdeG alerta sobre a perda de bandeiras azuis

O PSdeG alerta sobre a perda de bandeiras azuis

Os socialistas promoverán iniciativas en Barreiros, Foz e O Vicedo para recuperar as distincións

Publicada o

- Advertisement -

O PsdeG-PSOE chama a atención sobre a perda de bandeiras azuis na comarca da Mariña. Representantes socialistas dos concellos de Barreiros, Foz e O Vicedo promoverán iniciativas nestes tres municipios para recuperar os galardóns de calidade medioambiental. Así o adiantaron nun acto público na praia barreirense de Arealonga.

Os socialistas lembran que Barreiros é un concello cunha superficie de oito quilómetros de praias sen que ningunha conte con bandeira azul, xa que o goberno local decidiu non solicitalas. O PsdeG-PSOE presentará neste municipio unha proposta para esixir á Xunta de Galicia axilidade na dotación dunha nova estación depuradora en San Miguel de Reinante -proxecto que está redactado e para evitar así os verquidos contaminantes que se producen en Arealonga.

“DE SEIS GALARDÓNS A NINGÚN”

Álvaro Santos Ramos, secretario xeral no partido na provincia de Lugo, subliñou que “hai seis anos, Barreiros era o Concello da nosa provincia que lideraba o podio das bandeiras azuis e hoxe non conta con ningunha”, situación que se debe, segundo aos socialistas, ao “desleixo” do alcalde, Alfonso Fuente Parga, que “prefire non solicitar os distintivos, non buscar solucións á falta de socorristas ou non acondicionar os accesos”. Ramos resalta tamén que “en Foz ondeaban 7 e fican 5. O mesmo sucedeu en O Vicedo, onde pasamos de ter dúas a só unha”.

Os socialistas van presentar mocións nestes municipios instando aos Gobernos municipais, os tres do Partido Popular (PP), a acondicionar os areais para acadar o galardón. O PsdeG valora este distintivo de calidade porque “recoñece a calidade do servizo e moitos turistas atenden a estas cuestións á hora de decidir os seus plans para o período de vacacións”, argumenta Eduardo Vidal Baamonde, Secretario de Promoción do Territorio na Executiva Socialista.

CRÍTICAS Á XUNTA POLO SOCORRISMO

Os socialistas criticaron tamén ao Goberno galego pola escaseza de socorristas. “Un dos maiores problemas que temos os Concellos para cumprir cos requisitos da bandeira azul é contar con dous vixiantes por praia”, asegurou Ramiro Fernández, tenente de alcalde do Concello de Burela, que considera que o PP “pon estas dificultades desde a Xunta, que debe ofrecer formación para que os municipios non teñamos que pelexarnos a ver quen é o máis rápido en sacar a contratación destes profesionais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...