InicioPolíticaO BNG critica "a perda de prestixio turístico" de Barreiros

O BNG critica “a perda de prestixio turístico” de Barreiros

Os nacionalistas lamentan desbroces "parciais" e que as EDAR verten "augas emporcalladas"

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Barreiros, Ana Ermida, asegura que o municipio “está a perder prestixio e a súa imaxe turística fica cada día en peor lugar, o que é un pau para os sectores económicos ligados ao turismo”.

A dirixente nacionalista critica nun comunicado o estado dos paseos marítimos. “A realidade non pode ser máis desoladora: unha empresa privada que realiza labores de desbroce parciais e que nin sequera é obrigada a rematalos, que deixa os restos esparcidos e crea imaxe de deixadez”, sostén.

O comunicado dos nacionalistas barreirenses refírese tamén á situación das depuradoras municipais. “Xa non é cuestión de capacidade. É que a día de hoxe, teñen un pésimo funcionamento, polo que as augas e restos fecais que chegan ás mesmas saen practicamente sen ningún proceso de depuración”, afirma Ermida.

BANDEIRAS AZUIS

A portavoz do grupo municipal do BNG alude tamén ao feito de que ningunha praia de Barreiros contará con bandeiras azuis, logo de que o alcalde, o popular Alfonso Fuente Parga, decidise non solicitalas por discrepancias cos criterios que esgrime a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) para concedelas. “Asistimos un ano máis a ter das mellores praias do Estado descoidadas, sen ningún tipo de recoñecemento e cuns servizos precarios ou que se dispoñen en función de non se sabe que intereses”, argumenta.

Segundo o comunicado do BNG, esta situación deixa á intemperie “aos sectores económicos ligados ao turismo, que teñen que organizarse por si mesmos para contrarrestar a imaxe que se ofrece desde os poderes públicos”.

“Sabemos que o Partido Popular é un experto en disfrazar a realidade, pero o día a día é teimudo e amosa a verdadeira cara dun goberno municipal que verte augas tan emporcalladas como as que saen das depuradoras municipais”, conclúe Ermida.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...