O concello de Foz reparará tres parques infantís

Os traballos consistirán na renovación do chan e dos elementos de xogo

Parque de Álvaro Cunqueiro. GOOGLE MAPS

O Concello de Foz acaba de adxudicar as obras de reparación de tres parques infantís na vila. Trátase dos espazos de recreo do porto, na explanada da antiga rula, do Martínez Otero e do situado na rúa Álvaro Cunqueiro, a carón de Facenda.

Os traballos consistirán na substitución do chan e na instalación de novos elementos de xogo. O alcalde, Javier Castiñeira, admitiu que “era unha demanda importante” debido ao mal estado no que se atopaban e ás nenas e nenos que os utilizan a diario.

As obras, para as que non se concretou data de inicio, correrán a cargo da empresa Bahía Park. Nas actuacións investiranse uns 54.000 euros, procedentes dunha subvención da Xunta para mellora de infraestruturas de uso público.

ESTRADA SAN MARTIÑO-SANTA CILLA

Ademais destas actuacións no núcleo urbano, o concello adxudicou as obras de pavimentación da estraa que vai desde San Martiño a Santa Cilla. O contrato, de 46.000 euros,  outorgouse á empresa Construcciones Saa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here