Podemos e IU propoñen reformar o Estatuto de Asturias para facer oficial o galego-asturiano

Catorce deputados das dúas formacións rexistraron unha proposta que deberá acadar o respaldo de 27 parlamentarios para saír adiante

Xunta Xeral de Asturias. AXM

Nove deputados de Podemos e cinco de Izquierda Unida rexistraron de forma conxunta unha proposta para modificar o Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias, co obxectivo de que o galego-asturiano teña rango de idioma oficial.

O actual Estatuto garante a protección, o uso e a promoción do bable. A formación morada e maila fronte de esquerdas queren regular o artigo cuarto, para que o galego-asturiano sexa tamén oficial “no seu ámbito territorial”.

Segundo establece a normativa, para unha modificación estatutaria precísase o apoio de alomenos 27 deputados, o que implica neste caso acadar o respaldo doutros partidos.

IGUALDADE DE DEREITOS

De saír adiante, a reforma recoñecería os dereitos dos falantes das dúas linguas autóctonas de Asturias, como pedía no pasado mes de xuño un manifesto asinado, entre 308 persoas, polos alcaldes de Vegadeo ou Santalla de Oscos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here