InicioPolíticaTrabada divide a dedicación parcial da tenente de alcaldesa, que tamén terá...

Trabada divide a dedicación parcial da tenente de alcaldesa, que tamén terá o edil Rubén García

Ambos os edís percibirán arredor da metade do que cobraba Julia María Barcia, 21.000 euros; o goberno local socialista "reorganizará as atribucións das funcións municipais"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada anunciou que dividiu a dedicación parcial que correspondía a Julia María Barcia, a tenente de alcaldesa, entre a propia edil e o concelleiro Rubén García Freije, unha decisión adoptada polo grupo socialista que responde “a unha reorganización das atribucións das diferentes funcións municipais”.

No pleno de organización tralas eleccións municipais aprobárase unha dedicación parcial para Barcia, que asumía as delegacións de Educación, Igualdade e Desenvolvemento Local, por un importe de 21.000 euros brutos anuais.

Deste xeito, tanto a propia Barcia como García Freije -que asumía daquela Deportes- terán unha dedicación parcial por arredor da metade desa cantidade, uns 10.950 euros.

Nos últimos meses, o PP reclamara a renuncia de Barcia á retribución parcial pola súa situación laboral como profesora substituta fóra da provincia.

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, indica que “o custe para as arcas municipais do goberno munipal segue sendo dos máis baratos da comarca da Mariña e doutros concellos similares en poboación”.

“Somos un equipo que traballa arreo para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, argumenta a rexedora, que concreta que “nun ano tan excepcional como foi o pasado, cunha crise sanitaria polo medio fumos quen de xestionar entre todos preto de un millón de euros en investimentos, porque con independencia de dónde veñan os fondos, hai que xestionalos e ahí é donde está o traballo do goberno municipal”, afirmou.

O PP VE “TRATO DE FAVOR”

“O que se viu no pleno de hoxe foi un trato de favor a dous membros do grupo municipal socialista”, asegurou o portavoz do PP en Trabada, José María Fernández, á vista do acordo adoptado no pleno, coa oposición dos concelleiros populares, para asignar sendas dedicacións parciais.

A proposta é rebaixar ao 25% a dedicación de Barcia, e adxudicar outra do 25% a outro membro do goberno, Rubén García, con cadansúa dedicación de dúas horas. “Dende punto de vista da xestión dos asuntos do Concello, ese tempo non representa nada, pero economicamente supón por cada unha delas 10.949 euros ao ano”, xulgou o voceiro conservador.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...