InicioPolíticaO ex alcalde de Barreiros e edil do PP Alfonso Fuente Parga...

O ex alcalde de Barreiros e edil do PP Alfonso Fuente Parga renuncia á acta como concelleiro

O que fora rexedor barreirense desde 2005 ata 2019 alude "motivos profesionais" para dimitir; substituirao á fronte do grupo municipal conservador José Manuel Gómez Puente

Publicada o

- Advertisement -

O ex alcalde e actual portavoz do PP na corporación municipal de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, renuncia a acta de concelleiro e será substituído como portavoz por José Manuel Gómez Puente, que ademais de concelleiro é deputado provincial.

Fuente Parga (Benquerencia-Barreiros, 1971) asegura que deixa a concellería “por motivos puramente profesionais“. Chegou á corporación municipal en 2003 como número dous na lista popular encabezada por Luís Fraga. Ao falecer o daquela alcalde en 2005, Fuente Parga asumiu a alcaldía, cargo que desempeñou ata as eleccións dos 2019; dende entón exercía como portavoz do seu grupo.

DESTACA “O APOIO RECIBIDO” POLA VECIÑANZA, CON TRES MAIORÍAS ABSOLUTAS CONSECUTIVAS

Fuente Parga gañou con maioría absoluta tres eleccións, as de 2007, 2011 e 2015, destacando “o apoio recibido por parte dos veciños dende que chegou á corporación municipal”.

CONVERTEU BARREIROS EN PARADIGMA DO BUM URBANÍSTICO, AÍNDA QUE FOI ABSOLTO DE PREVARICACIÓN

A súa xestión, con todo, estivo marcada pola acusación de prevaricación urbanística, delito do que finalmente foi absolto, en relación coa concesión dunhas 3.000 licenzas para a construción de vivendas no ano 2006. Debido ao proceso xudicial deixou o Partido Popular, ao que volveu para encabezar a lista conservadora aos comicios de 2019, perdendo a alcaldía polo BNG, que o superou en votos. Deste xeito, confírmase o peche dun ciclo político no municipio, aínda que o seu substituto formou sempre parte do seu equipo.

GÓMEZ PUENTE QUERE CONTINUAR “O SEU MAGNÍFICO TRABALLO” E ESTAR “MOI PRÓXIMO” AOS AFILIADOS

Pola súa parte, o que será o novo portavoz popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente (Cospeito, 1967), entrou na corporación de Barreiros no mesmo ano que Fuente Parga.

O edil anuncia que “dará continuidade” ao “magnífico traballo” levado a cabo por Fuente. Indica que un dos seus obxectivos será “o de manterse tan próximo como lle sexa posibles aos afiliados”. Gómez Puente reside en Barreiros desde 1996, ano no que foi destinado profesionalmente a este municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...