InicioPolíticaO BNG pide unha solución tecnolóxica para os núcleos rurais de Viveiro...

O BNG pide unha solución tecnolóxica para os núcleos rurais de Viveiro sen acceso a internet de banda larga

Denuncian a mala conexión aos núcleos de Valcarría, Chavín, Boimente, Covas, entre outros.

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz municipal do BNG, Miriam Bermúdez, e os deputados nacionalistas  Daniel Castro e Néstor Rego levarán ao Pleno de Viveiro, Parlamento Galego e  Congreso dos Deputados, respectivamente, a necesidade de acceso das parroquias rurais de Viveiro a unha internet de calidade ao estar dentro das chamadas “zonas de sombra” que impiden unha boa cobertura, mesmo para falar por teléfono.

Nun comunicado, os nacionalistas demandaranlles ás tres administracións unha solución tecnolóxica para estes núcleos rurais de Viveiro e solicitarán coñecer as previsións do Goberno Local, Autonómico e do Estado para a dotación do servizo de internet nos núcleos rurais que carecen de alta velocidade.

Asemade, Rego reclamaralle ao goberrno do estado a actualización do mapa das zonas brancas, grises e negras de todos os concellos de Galicia, entre eles o de Viveiro, ao obxecto de que zonas singulares, mal clasificadas actualmente, non queden fóra de futuras liñas de axudas do Estado.

Os nacionalistas lembran a mala cobertura telefónica existente en moitos núcleos rurais das parroquias do concello, tales coma Valcarría, Chavín, Boimente, Covas, entre outras, así como a falta de acceso á internet con banda larga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...