InicioPolíticaO PP pedirá no Parlamento o traslado da escola de idiomas ao...

O PP pedirá no Parlamento o traslado da escola de idiomas ao antigo colexio de Celeiro para facer posible a residencia de Aspanane

"Conseguiríamos evitar o deterioro do vello colexio e recuperalo para usos educativos", din.

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Popular volverá a reclamar, a través dunha iniciativa no Parlamento de Galicia, a cesión gratuíta do antigo colexio de Celeiro, hoxe propiedade do Ministerio da Seguridade Social, para facer posible o traslado a este inmoble da escola oficial de idiomas. De materializarse esta mudanza permitiría, a súa vez, que a asociación Aspanane aproveitase os locais que deixa baleiros o centro de idiomas para crear a primeira residencia da comarca destinada a persoas con discapacidade intelectual.

O deputado popular, José Manuel Balseiro e o voceiro municipal do Partido Popular, Óscar Rodríguez, acompañados de directivos desta asociación, presentaron a iniciativa parlamentaria nas portas do vello colexio e insistiron nas vantaxes dunha dobre operación “de interese público e social” para a que xa contan co apoio explícito da Xunta de Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.

“Conseguiríamos evitar o deterioro do vello colexio e recuperalo para usos educativos. Manteríamos a escola de idiomas en Celeiro, nunhas instalacións máis amplas e renovadas e, o que aínda é máis importante, cumpriríamos o soño de moitas familias que agardan que os seus fillos, da man de Aspanane, estean atendidos nunha nova residencia, nas mellores condicións e xusto ao carón do actual centro ocupacional”- explicou Balseiro nun comunicado.

Balseiro lembrou que todas as administracións “excepto o Ministerio” están dispostas a facer concesións para materializar este proxecto. “A Xunta, por exemplo, renunciaría ao uso das instalacións nas que está emprazada a escola de idiomas, a pesar de que a concesión está vixente ata 2075, e estaría disposta a financiar a obra de acondicionamento do antigo colexio de Celeiro, un custe que se repartirían a partes iguais a administración autonómica, local e provincial”, indicou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...