Fernando Suárez: “Asturias busca a preponderancia da denominación Ría do Eo”

"Non queremos entrar en polémicas, pero as autoridades que están a impulsar isto están a dicir un discurso de cara á galería de cooficialidade", asegura.

Fernando Suárez Barcia. AXM

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, está convencido que o cambio oficial do topónimo Ría de Ribadeo, polo de Ría do Eo, como reclamou o Principado de Asturias, ten coma finalidade que o nome da vila da que é rexedor deixe de ser utilizada.

Nunha entrevista na Cope recollida por Xornal da Mariña, Suárez está convencido de que a intención das autoridades asturianas non é a cooficialidade do termo “Ría do Eo”, senón que a utilización sexa de forma preferente, por encima do de “Ría de Ribadeo”.

“Non queremos entrar en polémicas, pero as autoridades que están a impulsar isto están a dicir un discurso de cara á galería de cooficialidade e o que están a pedir por escrito é ao revés, que o nome principal sexa Ría do Eo e o nome secundario, aí abaixo, que poida ser para algúns usos secundarios, Ría de Ribadeo“, destacou.

O alcalde ribadense aclara que isto o puido saber de maneira informal porque aínda non tivo acceso a esa información, pero espera tela nos próximos días e presentar as alegacións oportunas. Ademais, na entrevista Suárez tamén fala da incidencia da covid no concello e das obras previstas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here