InicioPolíticaViveiro pídelle á Xunta que se retome o servizo do SMAC para...

Viveiro pídelle á Xunta que se retome o servizo do SMAC para a Mariña

A alcaldesa demanda á Xunta a reanudación desta petición, interrompida pola pandemia.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, solicitou á Xunta de Galicia a reanudación do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC). Grazas a un acordo entre a administración local e o SMAC de Lugo, o servizo viña prestándose un día á semana nesta localidade. Pero este quedou interrompido dende o inicio da pandemia.

Por iso, tendo en conta a situación actual e considerando que se trata dun servizo necesario para Viveiro, o concello remitiulle á Xunta un escrito. A Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade respostou indicando que se preve a súa reanudación “en canto as circunstancias actuais o fagan aconsellable”.

Dende o concello estaremos pendentes para que a reanudación poida realizarse o antes posible, con todos os protocolos Covid-19 pero tendo en conta que falamos dun servizo moi necesario”, destacou a alcaldesa de Viveiro nun comunicado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...