InicioPolíticaO BNG da Mariña segue coa campaña contra a suba da electricidade...

O BNG da Mariña segue coa campaña contra a suba da electricidade mediante recollida de sinaturas

O BNG de Viveiro denuncia a falta de control por parte do goberno local logo do peche do matadoiro municipal.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG continúa na Mariña coa campaña iniciada a comezos deste verao diante da escandalosa suba do recibo da luz. Hoxe en Foz, anunciaron novas accións e mobilizacións ao tempo que recolleron sinaturas no mercado semanal. Estiveron presentes concelleiras e concelleiros do BNGna Mariña, e o Tenente Alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego, que nos últimos días xunto co BNG da localidade están levando a cabo tamén unha intensa campaña informativa a respecto da instalación de parques eólicos nas zonas central e occidental da Mariña e preparando tamén as correspondentes alegacións.

ELECTRICIDADE BAIXO CONTROL PÚBLICO

Esta campaña coa que o BNG prosigue agora tén o seu reflexo tamén no Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galiza, donde Néstor Rego e Ana Pontón defenderon ontes iniciativas ao respecto, solicitando Rego no Congreso a creación de empresas públicas de enerxía e a nacionalización das compañías eléctricas ao ser a electricidade un ben esencial, polo que debe estar baixo control público. Demandou tamén a creación dunha empresa pública galega de enerxía, integrando inicialmente os encoros que vaian rematando o período de concesión, así como a participación noutros ámbitos de xeración de enerxía para a socialización dos beneficios

Ana Pontón propuxo a creación dunha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz para galegas e galegos en beneficio de consumidores particulares e das nosas empresas de maneira que se compense o papel de Galiza como excedentaria na producción eléctrica. Así mesmo a portavoz nacionalista retou a Feijóo a poñerse do lado de Galiza ante a esta das eléctricas e apoiar as medidas do BNG para abaratar o prezo da luz.

RECOLLIDA DE SINATURAS E ACTOS INFORMATIVOS

Desde a formación nacionalista anunciaron tamén que continuarán con recollidas de sinaturas en diversos puntos da comarca e prevén tamén actos informativos con diferentes sectores e veciñanza en xeral.

Desde o BNG piden tamén a asistencia á concentración que a CIG convoca para este domingo en Foz ás 11:30 diante da Delegación de Facenda, coma no resto do país, en contra da estafa da luz, a recuperación das hidroeléctricas e a creación dunha tarifa eléctrica galega.

MATADOIRO DE VIVEIRO

O BNG de Viveiro presentou unha serie de preguntas sobre o peche do matadoiro municipal. Segundo esta esta forza política  “todo comeza en maio, cando resulta que “por sorpresa” o Concello de Viveiro é coñecedor de que a empresa que xestiona o matadoiro se dá en concurso de acreedores“, por tanto “decide deixar a xestión porque non pode afrontar as débedas”. A notificación ao xulgado fíxose, segundo unha nota enviada polo Bloque de Viveiro, en febreiro de 2021 “por parte do acredor concursal”.

O grupo municipal nacionalista pregunta “como é posible que o Concello de Viveiro, sendo o matadoiro un servizo municipal externalizado, non estivera ao tanto do inminente peche e non se enterasen 3 meses depois, en maio?”

A resposta que ofrece o BNG viveirense é que non se fixeron “labores de inspección de maneira continuada” durante o período de vixencia do contrato, tal e como se reflicte na cláusula 6.4 do contrato. Para o BNG isto significa que as autoridades municipais se “desentenderon totalmente de fiscalizar e controlar á empresa que explotaba o matadoiro”.

O grupo do BNG espera “que a equipa de goberno de María Loureiro, faga o seu traballo e vele pola correcta comprobación das obrigas da empresa segundo o contrato”. Da mesma maneira, se se dan incumprimentos, “inicie os procedementos necesarios para recuperar o que lle pertence ás arcas municipais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...