InicioPolíticaA Deputación de Lugo aprobará unha declaración recoñecendo a necesidade dos postos...

A Deputación de Lugo aprobará unha declaración recoñecendo a necesidade dos postos de traballo en Vestas

A declaración, en apoio dos traballadores e as súas familias e que recoñece a necesidade destes postos de traballo "importantes para A Mariña", foi aprobada por unanimidade e elevarase ao pleno que terá lugar o vindeiro martes.

Publicada o

- Advertisement -

A deputación de Lugo aprobará, no pleno do próximo martes, unha declaración institucional subscrita polo tres forzas con representación na corporación provincial –PSOE, BNG e PP– en apoio aos traballadores de Vestas.

Tras a reunión da xunta de goberno, a portavoz socialista Pilar García Porto lembrou que o “tres forzas políticas con representación” acordaron esta medida na xunta de portavoces convocada polo presidente provincial, José Tomé.

A declaración, en apoio dos traballadores e as súas familias e que recoñece a necesidade destes postos de traballo “importantes para A Mariña”, foi aprobada por unanimidade e elevarase ao pleno que terá lugar o vindeiro martes.

Tras iso, García Porto asegurou que o PSOE esixirá e trasladará á Xunta a necesidade de que actúe xa. Así, lembrou que o Estatuto de Autonomía de Galicia atribúelle as competencias en materia de industria.

Neste sentido, incidiu en que “é importante” que o Goberno galego “poña encima da mesa, con axilidade, un plan de industrialización para A Mariña, onde se poidan ver prazos, no que se poidan ver accións claras para sacar o maior froito posible”.

Ademais, ao pleno do martes, avanzou que os socialistas levarán unha moción para recoñecer a necesidade de apoiar aos traballadores e ás familias. “Pero máis aló diso que quen ten a obrigación e ten a fórmula para poder facelo, o goberno galego, poña traballo encima da mesa e tratemos de paliar esta situación”, finalizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...