InicioPolíticaAlcalde e BNG de Barreiros acúsanse de mentir sobre o servizo de...

Alcalde e BNG de Barreiros acúsanse de mentir sobre o servizo de socorrismo

O rexedor desminte que un desfibrilador avariase nun rescate e os nacionalistas afirman que o goberno local "vendeu prestacións falsas" no tocante ao persoal

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, e maila voceira do BNG barreirense, Ana Ermida, acusáronse de mentir sobre o servizo de socorrismo do municipio.

A polémica iniciouse tras un comunicado do BNG de Barreiros. Os nacionalistas aludiron a un escrito do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo que denunciaba ante o goberno local a suposta avaría dun desfibrilador durante o rescate dunha persoa na praia de Fontela que finalmente faleceu.

O rexedor de Barreiros afirma que “non se produciu o fallo de ningún desfibrilador” e acusa ao grupo municipal do BNG de “contar mentiras”.

O alcalde barreirense considera que a nota do BNG “prexudica ao servizo de socorrismo” do municipio e a veciños e turistas, “porque hai quen pode deixar de vir aquí porque pensa que un desfibrilador non funciona”.

Fuente Parga asegura que o escrito do colexio “non fai nin unha soa mención ao desfibrilador” e “parte dunha premisa errónea”.

O alcalde explica que o texto insta ao goberno local a contratar persoal especializado -un técnico e unha enfermeira– se vai contar cun servizo de ambulancia medicalizada.

Nós temos unha asistencial e contamos cun técnico e un auxiliar, que é por riba do que levan as do 061, aínda que si contamos cos medios materiais dunha ambulancia avanzada”, indica o rexedor.

Por último, Fuente Parga conclúe que “o desfibrilador funcionou sempre porque ademais leva uns rexistros que pode consultalos calquera.

“INTRUSISMO”

O BNG de Barreiros sinala que “foron precisamente as mentiras do alcalde as que propiciaron a presentación dunha denuncia formal do colexio de enfermería, por falta de medios humanos e por intrusismo profesional”.

Os nacionalistas acusan a Fuente Parga de “vender servizos falsos” ao falar de “contar cunha ambulancia medicalizada, que é como unha UCI móbil” e de que “ímola ter con dous técnicos sanitarios”.

Ermida asegura que “a persoa que exerceu como auxiliar sanitaria na ambulancia das praias non estivo contratada como tal, senón como persoal de axuda do fogar”.

A ambulancia só contaba cunha persoa técnica e iso é unha clarísima neglixencia profesional”, conclúe a voceira do BNG.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...