A Executiva do PSde tetrá xente “do norte, sur e centro” da provincia, segundo José Tomé

O presidente da Deputación de Lugo e líder socialista provincial asegura que "vai ser unha executiva equilibrada".

José Tomé, presidente da Deputación de Lugo. AXM

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, anunciou que, tras ser proclamado secretario provincial do PSdeG o vindeiro domingo, incluirá na súa nova executiva a representantes de todas as comarcas da provincia.

Tomé sinalou que será unha dirección que representará ao conxunto da provincia e que obedecerá á os acordos alcanzados co alcalde de Castroverde, José María Arias, quen se converterá no número dous do partido na provincia.

Así, o tamén alcalde de Monforte detallou que “os membros que conformarán a executiva son acordados” entre ambos tras o acordo que permitiu evitar as primarias. “Responde a iso e vai ser non paritaria (homes e mulleres) pero moi próxima a ser paritaria dentro do que son os parámetros do partido“, puntualizou.

A executiva estará integrada “por socialistas do norte e sur da provincia, do centro, e todas as comarcas da provincia de Lugo van estar representadas”. “Vai ser unha executiva equilibrada e que faga un bo traballo pola provincia de Lugo, que é o que nos interesa”, resolveu. Finalmente, aínda que sinalou que non ten “pechados” a todos os membros da súa dirección, calcula que “estará entre o corenta ou cincuenta aproximadamente”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here