InicioPolíticaO BNG reclama "26 millóns máis para A Mariña" nos orzamentos autonómicos

O BNG reclama “26 millóns máis para A Mariña” nos orzamentos autonómicos

Os nacionalistas presentarán emendas para mellorar a sanidade pública, rematar a VAP Ferrol-San Cibrao ou rexenerar o río Masma

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) afirma que os orzamentos da Xunta de Galicia “fan caso omiso ano tras ano das necesidades básicas da Mariña Lucense” e instan ao Executivo autonómico a presupostar “26 millóns de euros máis” para a bisbarra.

A deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil, e a coordinadora comarcal do partido nacionalista, Ana Ermida, presentaron as emendas ao proxecto de orzamentos da Xunta para 2019.

Entre as propostas de rectificación do BNG está a solicitude de máis recursos materiais e humanos para asistencia sanitaria primaria.

Os nacionalistas denuncian que nos últimos anos produciuse a perda de prazas médicas, a infradotación de fisioterapeutas e o deterioro do servizo de pediatría, o que provoca “meses de retrasos nas consultas”.

No tocante ás infraestruturas, o BNG demanda saneamento e abastecemento de auga en núcleos e parroquias de Ribadeo e Barreiros, no interior e na costa, unha nova EDAR para Burela ou dragado do encoro de Rúa, en Cervo.

O arranxo do colexio Virxe do Carme de Burela e tamén a achega da Xunta para a construción dun novo pavillón de deportes neste municipio, son outras das peticións do BNG.

No referido ao medio ambiente, a rexeneración do río Masma é unha prioridade para os nacionalistas, que cren que se trata “dun recurso natural importantísimo para os concellos de Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz”.

Por último, o BNG esixe unha consignación orzamentaria suficiente para rematar a Vía de Altas Capacidades (VAP) San Cibrao-Ferrol, a eterna débeda histórica da Xunta con esta comarca, especialimente cos concellos de Viveiro e O Vicedo e a comarca de Ortegal.

SISTEMA DE FINANCIAMENTO “INSUFICIENTE”

Para a formación nacionalista, os orzamentos do PP reflicten “a insuficiencia do sistema de financiamento para Galicia, que achega ao Estado, vía impostos, máis de 11.130 millóns mentres este retorna pouco máis de 7.000”.

Rodil afirma que a este desequilibro “hai que sumar o reparto inxusto do pagamento do déficit, que segue a descansar maioritariamente nas comunidades autónomas e nos concellos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...