InicioEconomíaO BNG da Mariña presenta a campaña "Contra a Suba de Prezos,...

O BNG da Mariña presenta a campaña “Contra a Suba de Prezos, Fagámonos Valer”

O máis importante é que a suba de prezos está condicionada por decisións políticas, que poden empeorar ou aliviar os seus efectos. Polo tanto, hai marxe para actuar e evitar que as maiorías sociais paguen esta crise mentres grandes empresas como as da banca ou as eléctricas multiplican beneficios.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG presentou en Foz nunha rolda de prensa diante da Delegación de Facenda a campaña “Contra a suba de prezos, fagámonos valer”. O deputado Daniel Castro e o responsable comarcal Antonio Veiga, acompañados de cargos orgánicos e institucionais deron conta das propostas e medidas urxentes do BNG para enfrentar esta situación que aínda se ve mais agravada na comarca da Mariña coa crise industrial e de emprego que está vivindo.

Para os nacionalistas a suba xeneralizada de prezos que estamos a vivir non está provocada por unha única causa. Son varios os elementos que están a provocar esta situación. A guerra agravouna, mais a situación xa viña de antes e a pandemia tampouco explica todo. Vivimos ademais un contexto de escaseza de materias primas, problemas de subministro a nivel mundial, perda do control público sobre sectores clave como a enerxía, etc. O máis importante é que a suba de prezos está condicionada por decisións políticas, que poden empeorar ou aliviar os seus efectos. Polo tanto, hai marxe para actuar e evitar que as maiorías sociais paguen esta crise mentres grandes empresas como as da banca ou as eléctricas multiplican beneficios. Neste sentido o deputado mariñao afirmou que “desde o BNG levarase unha ofensiva a todas as institucións cun decálogo de medidas orientadas a paliar a grave situación que están a vivir os galegos e galegas. Todo esto sumado á manifestación nacional do domingo 3 de abril en Santiago de Compostela”.

Nese decálogo destacan, unha fiscalidade xusta que compense a perda de poder adquisitivo dos sectores mais vulnerables, a baixada selectiva o IVE dalgúns bens e servizos básicos, intervención do sector eléctrico, incremento das pensións e salarios mais baixos, medidas de urxencia para a mobilidade e o transporte y protección do sector agrogandeiro.

O responsable comarcal Antonio Veiga informou tamén que haberá servizo de buses para asistir á manifestación o domingo 3 de abril, e quen o desexe pode anotarse no tfno. 982 140 654 e no correo amarinha@bng.gal . Así mesmo deu conta de que ata o día 3 haberá reparto de dípticos e mesas informativas polas vilas da Mariña, e presentaránse tamén mocións en todos os concellos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...