InicioPolíticaO BNG da Mariña levará ao Parlamento demandas e necesidades educativas da...

O BNG da Mariña levará ao Parlamento demandas e necesidades educativas da comarca

Desde o BNG lembran que as competencias en materia educativo son da Xunta sendo o goberno galego quen debe dar resposta ás mesmas.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG comarcal da Mariña rexistrou no Parlamento galego unha serie de iniciativas en relación coas demandas que lles achegou a dirección do IES Monte Castelo de Burela. En palabras do voceiro do BNG en Burela, Mario Pillado, “nunha xuntanza nas últimas datas o centro fíxonos saber ós membros do grupo municipal a oferta educativa que pretenden para o vindeiro curso, entre as que destacan, a modalidade de Bacharelato Xeral semipresencial para adultos. O certo é que se trata dun ensino ideal para este centro, por razóns xeográficas e socioeconómicas e a demanda está a medrar neste centro”

Pillado manifestou tamén que “o que solicitan dende o centro e nós apoiamos e demandamos tamén, ademáis da implantación do Bacharelato Xeral é a implantación da FP Dual, a consolidación do centro como referente na formación sanitaria na Mariña, a promoción da Aula Mentor entre os desempregados e a divulgación doutros programas de aprendizaxe como CUALE, a sección da Escola Oficial de Idiomas ou a sede para os exames de ESO e Bacharelato a distancia do IES San Clemente”

AS COMPETENCIAS SON DA XUNTA

Desde o BNG lembran que as competencias en materia educativo son da Xunta sendo o goberno galego quen debe dar resposta ás mesmas. Segundo o deputado no parlamento de Galicia, Daniel Castro: ”rexistramos unha iniciativa no parlamento galego coas demandas que se achegan do centro, posto que as competencias en materia educativa son da Xunta de Galiza, quen debe tomar decisións mediante a Consellería de educación”.

Neste sentido Castro afirmou que “o Partido Popular tense que mollar e mostrar o seu compromiso con Burela e coa Mariña dunha vez por todas, non como ven facendo ata o de agora e ó que nos ten acostumados, que é relegar á Mariña ó último lugar das súas prioridades”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...