InicioPolíticaLlano afirma que o edil de cultura faltou "sempre xustificadamente" ás xuntas...

Llano afirma que o edil de cultura faltou “sempre xustificadamente” ás xuntas de goberno

O rexedor de Burela asegura que o concelleiro "traballa en horas que non lle corresponde" e que fixo do municipio "un referente na Mariña a nivel cultural"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, contestou ás críticas realizadas polo PP contra o concelleiro de cultura, educación e sanidade, José Díaz.

Os populares acusaron ao edil de ausentarse de “nove de 21 xuntas de goberno durante o presente ano”. O rexedor replica que sempre que faltou ás xuntas de goberno, o edil fíxoo “xustificadamente” e lembrou que percibe unha “dedicación parcial, polo que cando non estivo foi por cuestións derivadas da súa actividade profesional”.

Llano asegurou que “non se pode admitir ningunha dúbida sobre esta persoa porque está traballando moito en horario que non lle corresponde. E grazas ao seu traballo somos o referente claro da cultura en toda a comarca da Mariña e en Asturias”, afirmou.

O rexedor lembra que Patricia Otero pasou a ocupar un posto como deputada parlamentaria “e veu outro concelleiro. Ela tiña unha media dedicación que agora queda para gastos xerais do concello. Non estamos aquí para aproveitarnos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...