InicioPolíticaO PP apoia o topónomimo "ría do Eo" que defende o Principado...

O PP apoia o topónomimo “ría do Eo” que defende o Principado de Asturias

O popular Álvaro Queipo asegura que "non é unha guerra identitaria e equivócanse os sectores galegos que o ven así".

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Cultura, Política Llingüística e Turismo de Asturias, Berta Piñán, agradeceu este martes o apoio e a forza mostrada polo PP para defender o proceso de aprobación do topónimo “ría do Eo”, contra o oficial ría de Ribadeo, tras a resolución da Subsecretaría de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, contraria ao ditame do Instituto Geográfico Nacional e manifestou que “o Principado non lle vai fallar”.

O deputado do PP, Álvaro Queipo incidiu en que comparten o informe presentado polo Executivo asturiano e mostroulle o seu apoio respecto diso. Iso si, Queipo pediu á conselleira que “non lles falle”.

Álvaro Queipo asegurou que “non é unha guerra identitaria e equivócanse os sectores galegos que o ven así”, engadindo que “nunca se defende mellor o propio desprezando o alleo”. Ademais, sinalou que a postura asturiana non pretende que en Galicia deixen de usar o seu topónimo, senón que “os asturianos poidan permitirse usar o topónimo ría do Eo con total liberdade”.

Así, defendeu o recoñecemento das dúas formas para “facer oficial o que existe de maneira natural como reflexo da convivencia”. “Negar esta cooficialidade das dúas toponimias é renegar da convivencia dos veciños galegos e asturianos”, sinalou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...