InicioPolíticaO BNG reclama á Xunta a súa implicación para que a empresa...

O BNG reclama á Xunta a súa implicación para que a empresa Albo manteña a súa actividade en Celeiro

Para o BNG a mobilidade xeográfica que propón a empresa non é unha alternativa válida para a gran maioría das traballadoras á que se lles traslada o centro de traballo a 270 km do seu domicilio.

Publicada o

- Advertisement -

Unha representación do Bloque Nacionalista Galego acompañou hoxe ás traballadoras da Conserveira Albo en Celeiro na manifestación que discorreu desde a fábrica ata a estatua de homenaxe á Xente do Mar. A portavoz municipal Miriam Bermúdez, o responsable comarcal Antonio Veiga e o deputado mariñao Daniel Castro entrevistáronse coas traballadora e Castro avanzou a presentación dunha iniciativa no Parlamento para instar á Xunta a implicarse neste problema para atopar solucións.

Para o BNG a mobilidade xeográfica que propón a empresa non é unha alternativa válida para a gran maioría das traballadoras á que se lles traslada o centro de traballo a 270 km do seu domicilio.

“Son 42 persoas, a inmensa maioría mulleres, o que provocará un agravamento do desemprego femenino , pois a dificultade de reinserción no mercado laboral para as traballadoras desta conserveira é grande” afirmou Daniel Castro, que tamén se referíu a situación do emprego na comarca, donde na última década se perderon mais de mil empregos directos, agravado recentemente polo peche de Vestas, tamén en Viveiro e a situación de incerteza en Alcoa.

Por todo esto, os nacionalistas instarán á Xunta e ás Consellerias de Economía, Industria e Innovación e a de Promoción do Emprego e Igualdade a que tomen parte na solucion deste conflito para conseguir a continuidade da actividade na fábrica de Celeiro e mantendo todos os postos de traballo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...