A Ruta da Lonxa de Burela esgota prazas para esta semana

O roteiro do martes foi ao completo e non quedan tiquets para mércores, xoves nin venres

Visita á lonxa na tarde do martes. AXM

Ruta da Lonxa ten poder de convocatoria. É a conclusión tralos dous primeiros días de funcionamento da iniciativa, que organizan Armadores de Burela, S. A. (Absa) e o Concello. Na tarde do martes o roteiro foi ao completoas prazas reservadas para mércores, xoves e venres –30 por día esgotáronse na oficina de turismo

No traxecto, os visitantes poideron desfrutar do espectáculo das caixas cargadas de polbos, rodaballos, pescadas, raiascongros ou percebes. Tamén comprobaron a información que se inclúe no etiquetado dos alimentos e finalmente asistiron á subasta, na que se sorprenderon co ritmo ao que se vende o peixe, coa pericia do ruleiro e a rapidez dos compradores para mercar ao mellor prezo.

Visitantes, contemplando caixas cheas de polbos. AXM

INSCRICIÓNS

Para esta semana non hai prazas, pero queda moito verán. A actividade desenvolverase ata o 31 de agosto, de luns a venres, un grupo -cunha hora de visita- cada tarde. Os interesados poden formalizar a súa inscrición no consistorio, os luns, ou na oficina de turismo, de martes a venres.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here