O vegadense Andrés Álvarez de la Linera estará nas semifinais do mundial xuvenil de remo

O remeiro de Eo de Vegadeo superou a criba de cuartos e buscará o pase á final este sábado

Andrés Álvarez de la Linera e Daniel Panisello. FACEBOOK CLUB REMEROS DEL EO

O remeiro veiguieño Andrés Álvarez de la Linera –do club Eo de Vegadeo– clasificouse para disputar as semifinais do Campionato do Mundo xuvenil de remo de Praga, no que participa canda Daniel Panisello (Rem Tortosa) na proba de double scull.

A parella superou a criba de cuartos de final disputada este venres ao rematar a regata na terceira posición, cun tempo de 6:27.01, só por detrás das tripulacións italiana e belga. Os españois, que comezaron a proba a un ritmo fortísimo, mantiveron a segunda praza ata os últimos 100 metros nos que foron superados pola embarcación belga.

Este sábado, ás 12.50 horas, disputarán a semifinal, na que terán a oportunidade de entrar por segundo ano consecutivo na gran final da competición. Na liña de saída estarán tamén Polonia, Grecia, Italia, Austria e Lituania.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here