O concello rehabilitará os muros exteriores dos cemiterios de Ribadeo e Ove

As empresas teñen ata o 19 de outubro para presentar as súas ofertas para realizar os traballos nos que se investirán uns 48.000 euros

Entrada do cemiterio municipal de Ribadeo

O Concello de Ribadeo reformará os muros exteriores dos cemiterios de Ribadeo e Ove. O consistorio investistirá uns 48.000 euros nos traballos de acondicionamento dos peches e das paredes dos camposantos, que deberán ser executadas nun mes.

As empresas interesadas teñen ata o 19 de outubro para presentar as súas ofertas ao concello, que licita as obras en dous lotes.

REVALORIZACIÓN DOS ESPAZOS

O edil Jorge Díaz explicou que as actuacións consistirán en sanear, pintar e impermeabilizar os muros para mellorar o aspecto exterior destes espazos, que xa foron acondicionados no interior con intervencións tanto do concello como de particulares.

No tocante ao cemiterio de Ribadeo, o pasado mes de maio, o concello fixo un chamamento aos propietarios para manter en boas condicións de conservación as súas tumbas e nichos. A intención era revalorizar un espazo de interese patrimonial. A obra foi financiada polos irmáns Moreno Ulloa, os emigrantes que construíron a icónica Torre dos Moreno que domina o casco vello da localidade.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here