InicioEconomíaJosé Tomé sobre a situación de Alcoa: "A Xunta está instalada na...

José Tomé sobre a situación de Alcoa: “A Xunta está instalada na foto e na crítica”

A Deputación de Lugo reclama por unanimidade a intervención da factoría de Alcoa en Sen Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

Os tres grupos con representación na Deputación de Lugo uníronse este martes para reclamar a intervención pública temporal da factoría de Alcoa en San Cibrao a través da SEPI.

A moción, presentada polo grupo do BNG no pleno da corporación provincial, foi debatida e aprobada co apoio do resto de partidos, PSOE e PP, que se situaron a favor da intervención para garantir a continuidade da planta mariñá. Antes do pleno, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, acusou, en declaracións aos medios, á Xunta de Galicia de “estar instalada na foto e na crítica” no proceso de venda da factoría de Alcoa en San Cibrao.

Tomé resaltou que o seu partido, o PSOE, “apoia totalmente as reivindicacións dos mariñáns, dos traballadores de manter os postos de traballo. “Está claro quen está a traballar por iso, hoxe (este martes) mesmo a ministra (de Industria, Reyes Maroto) recibe ao comité de empresa”, aseverou o presidente, que reiterou que “se están buscando solucións”.

O goberno de España foi o que puxo varias empresas, varios potenciais compradores para negociar e pola contra temos ao goberno da Xunta instalado na foto e na crítica, pero achegar ideas nin unha, nin unha solución, nin unha soa proposta industrial para A Mariña”, censurou.

INTERVENCIÓN

Pola súa banda, o portavoz provincial do BNG, Efrén Castro, volveu a considerar “imprescindible” a “intervención temporal de Alcoa“, á vez que xustificou a moción presentada por ser unha “petición expresa” do comité de empresa “a todos os grupos representados na corporación. “Foi o BNG o que decidiu levar a voz dos traballadores para pedir a intervención que é o que levamos pedindo desde o inicio do conflito”, apostilou.

Os populares, a través do seu portavoz Javier Castiñeiras, sentenciou que esta moción “é a mostra da inoperancia do goberno da Deputación de Lugo“. “O que se pedía era unha proposta de goberno, unha proposta de presidencia e ao final vén como unha moción do BNG e iso é unha falta de respecto ao comité de empresa enorme”, incidiu Castiñeiras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...