Reábrese o tráfico no viaduto de Monfadal, na A-8, á altura de Mondoñedo

Restaurarase a circulación do tráfico en sentido Baamonde pola calzada dereita da autovía.

Viaducto de Monfadal, en Mondoñedo

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) concluíu a primeira fase dos traballos de conservación que se realizaron durante as últimas semanas no viaduto de Monfadal, en Mondoñedo, na calzada sentido A Coruña/Lugo da autovía A-8, no punto quilométrico 539.

Por este motivo, segundo explica o Ministerio, a partir da tarde deste mércores levantaranse as restricións impostas ao tráfico no citado viaduto.

Estas medidas estaban en vigor desde o pasado día 2 de agosto. En concreto, eliminaranse os desvíos e restaurarase a circulación do tráfico en sentido Baamonde pola calzada dereita da autovía.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here