InicioOccidentalViveiroA Porta de Carlos V en Viveiro estará alumada de turquesa polo...

A Porta de Carlos V en Viveiro estará alumada de turquesa polo Día Internacional da Dislexia

O goberno local mostra así o seu compromiso coa visibilización da dislexia, contribuíndo deste modo a minimizar os seus prexuízos na sociedade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia que o próximo venres 8 de outubro de 2021 iluminará de cor turquesa a porta de Carlos V con motivo do Día Internacional da Dislexia.

O Concello de Viveiro súmase así á reivindicación da Federación Española de Dislexia e á súa campaña “Unidos por la Dislexia”, á que se adhiren cada ano institucións de todo o mundo. O obxectivo desta iniciativa é visibilizar este trastorno e outras dificultades específicas da aprendizaxe, que afectan ao 10% da poboación e son case invisibles a día de hoxe.

O goberno local amosa así o seu compromiso coa visibilización da dislexia, contribuíndo deste modo a minimizar os seus prexuízos na sociedade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...