A Banda de Ribadeo estreará dúas obras para o Concerto das Letras Galegas

O director da Banda ribadense, David Ballester, invita “a toda a xente a que se achegue o sábado 14 a gozar da música de compositores galegos co son da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.


A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará dúas obras no seu concerto das Letras Galegas. Será o día 14 deste mes, sábado, no auditorio municipal Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciouno hoxe: “intentando seguir coa nova normalidade a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai continuar a súa actividade cun dos seus concertos habituais na súa programación, que é o das Letras Galegas, que terá lugar o sábado 14 de maio ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. Como é habitual neste concerto das Letras Galegas o repertorio que imos ter nos nosos atrís inclúe obras tanto de compositores galegos como de temática galega, aínda que tamén tocaremos outras de diferentes estilos. Neste concerto interpretaremos dúas pezas que serán tocadas por primeira vez pola Banda”.

David Ballester invita “a toda a xente a que se achegue o sábado 14 a gozar da música de compositores galegos co son da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here