ACIA Foz entretou os quince soldos da campaña dos Días do Pai e da Nai e os premios da Ruta de Tapas

Estas campañas, organizadas por AciaFozCCA, contaron coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. Galardoados e convidados compartiron un viño e conversación na pizzería Xoíña e antes fixeron todos xuntos unha foto de grupo.


A Casa da Cultura acolleu a entrega dos 15 soldos da campaña dos días do Pai e da Nai de AciaFozCCA. Tamén recibiron os seus galardóns os gañadores da XVIII Ruta de Tapas. O acto, que foi conducido por Anxo Rivas de Radio Foz, contou coa presenza do alcalde de Foz, Fran Cajoto, do presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, do xefe territorial de Economía e Empresa, Gustavo Casasola, do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, e doutras autoridades como os concelleiros de Comercio e Cultura focenses, Chema Linares e Inés López Couto, e o deputado provincial Javier Castiñeira.

AciaFozCCA repartiu 6.000 euros nos 15 soldos entregados na xornada de onte, que as afortunadas e os afortunados poderán consumir de xuño a novembro. Os gañadores dos 5 soldos de 100 euros mensuais foron: Marta Fra, que mercou en Decoraciones Pura; Carmen Castro en La Flor Abulense; Antonio Peláez, en Librería A Rapadoira; Carmen Otero en Kukadas; e Vanesa Losa en Milar.

E os gañadores dos 10 soldos de 50 euros mensuais foron: Constantino Pérez, que fixo compra en Ofifoz; Montse Fernández en Decoraciones Pura; Carmen Fernández en Chinela Nenos; Mª Luisa Alonso en Kukadas; Dulce López en Lencería Esther; Rebeca Fernández en Mercería Vera; Tania Novás en Vas’s; Elisa Vilaseca en Ferretería Fuente; Manuela Otero en Milar; e Alicia Vázquez en Chuvia.

O primeiro premio da décimo oitava Ruta de Tapas foi para Namarinos polo seu “nido de bacalao con guacamole y crujiente de cebolla”; o segundo premio recibirao Dandy polo seu “hojaldre de carrillera”; o terceiro premio será para Anduriña pola súa “piruleta de ternera gallega en tempura sobre crema de queso de San Simón y reducción de vino mencía” e haberá un premio especial para O Pelolo polo seu “huevo de codorniz a baja temperatura con espuma de patata, migas y botillo”. O xurado quixo recoñecer así a súa orixinalidade.

Fixeron entrega dos premios aos ganadores e gañadoras o xefe territorial de Economía e Empresa, Gustavo Casasola, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o concelleiro de Comercio e Turismo, Chema Linares, o vicepresidente de AciaFozCCA, José Ginzo, a secretaria de AciaFozCCA, Olaya Pedrosa, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Cultura, Inés López, así como Pura García e Moncho Castro, vocais de AciaFozCCA.

Interviñeron no acto Gustavo Casasola, José Mª Seijas, José Carlos Paleo e Fran Cajoto. Todos felicitaron aos afortunados e subliñaron a importancia que os negocios locais teñen para localidades como Foz. Animaron a seguir apostando polas compras no comercio da vila.

Estas campañas, organizadas por AciaFozCCA, contaron coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. Galardoados e convidados compartiron un viño e conversación na pizzería Xoíña e antes fixeron todos xuntos unha foto de grupo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here