InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro sinala que os orzamentos municipais "chegan medio ano...

O PP de Viveiro sinala que os orzamentos municipais “chegan medio ano tarde”

No PP cualifican de inxustificable a abstención do Bloque, despois de asegurar que eran uns orzamentos irresponsables.

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro sinala a tardanza dos orzamentos locais e acusa á alcaldesa María Loureiro de “organizar un esperpento no pleno en que se debateron os orzamentos municipais”. Ademais diso, os ‘populares’ viveirenses tamén critican a postura do BNG de “irresponsable” pola súa abstención.

O portavos do PP local, Óscar Rodríguez lembra que dos 13,5 millóns que totalizan os orzamentos, “o capítulo de investimentos reais só suma 300.000 euros, dos que máis de 200.000 apórtaos a Deputación.”

Rodríguez  tamén apunta sinala que “hai moitos motivos polos que votar non. A alcaldesa di que os orzamentos son o más importante no funcionamento do Concello; asegura tal cousa cando os está presentando a mediados de ano”.

Para os populares, votar a favor os orzamentos presentados por María Loureiro sería unha auténtica irresponsabilidade. O portavoz popular di: “Tan grande como a irresponsabilidade do BNG ao absterse; os nacionalistas non van convencer a ningún veciño de Viveiro de que a súa abstención foi un voto responsable, máis cando cualificaron de irresponsable a proposta orzamentaria”.

Por outra parte, engaden a falta de xestión do goberno presidido por María Loureiro e “a proba é incluír de novo 50.000 euros para o PXOM”. Rodríguez explica: “Levamos máis dunha década sen plan xeral e, polo tanto, coa construción paralizada e así estamos, aínda intentando acabar o PXOM”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...